Se non hai unha boa planificación turística e simplemente promociónase un lugar para atraer xente sen prever a capacidade de carga do destino, sófrese a masificación de turistas, unha das facianas negativas do turismo. É o que lle está a pasar a Lisboa nestes intres. O documental Terramotourism recolle o "terremoto" turístico, en referencia alegórica ó terremoto que sacudiu séculos antes á cidade da luz e que volta para perxudicala a ela e ós seus habitantes.
Lisboa non é o único exemplo de masificación turística, outras cidades como Barcelona ou Venecia padecen este problema. Pódese atopar interesantes documentais que abarcan esta polémica nestas cidades como Bye Bye Barcelona e The Venice Syndrome.
Para acceder ó artigo citado, pulse no enlace.

Ningún comentario:
Publicar un comentario